O protagonista desta historia é un compañeiro (xa se foi do colexio) cando estaba na clase de 4º.
No noso colexio temos un protocolo de actuación por si pasa algunha emerxencia como incendios ,inundación...etc.
Un día, no curso 12-13, sonou a alarma de incendios, pero tranquilos, solo foi que saltou por un apagón. Un compañeiro noso foi o baño antes de que soara.O resto da clase estábamos na aula. De repente escoitamos soar a campana de incendios.
Nos sabíamos que non era lume, e quedamos sentados.De repente vimos entrar pola porta a “anónimo” (que recordamos que estaba no baño) cos pantalóns na man.
Todos empezamos a rir e el dixo:-Buaaa, estaba no baño cagando e escoito a alarma de incendios e metéuseme o zurullo para dentro co medo ,e non me dou tempo pa´ subir os pantalóns.-Todos empezamos as gargalladas.
Que voa anécdota foi aquela.
Por Andrea Iglesias Núñez, Mondariz. A 3 de outubro del 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario